Inicio - Cineclube - Mostra de teatro - Música - Outras actividades - Galería de arte

Que é Xiria

Directiva


LUNS 8 DE SETEMBRO

19:30 h na rúa

CATROEMEDIO TEATRO (GALIZA)

"ANIMACIÓN DE RÚA"

Catroemedio Teatro enteiro. Se vostede pretendía tomar un respiro sentado tranquilamente á beira da estrada. esquézao. Desde hoxe as rúas están tomadas por unha febre tola, contaxiosa e hereditaria...

Catroemedio Teatro non chega a media ducia, pero son unha multitude en si mesmo. Vimos do teatro pobre, da escola da vida, do clown, das xenialidades toleironas duns viciosos amadores do espectáculo. Unha sorprendente fusión chegada de grupos como "Lirilampo Teatro" e mais "Codia e Miolo". Non somos Claudia Schiffer nin David Beckham, mais facémonos notar.

¿Que máis se pode pedir? CATROEMEDIO, nin máis nin menos.

 

22:30 no Auditorio Municipal

PREGÓN INAUGURAL A CARGO DE BERTA OJEA

Actriz galega formada en Madrid e Barcelona con John Strasberg, Juan Carlos Corazza e Augusto Fernandes, como actriz e coach de actores profesionais. Entre os seus traballos máis importantes destacan, en teatro "Esto no es Boradway" (director: Ángel Pavlovsky), "Mujeres al vapor" (directora: Consuelo Trujillo), "Incorrectas" (representada na edición XIV da Mostra de Teatro; director: Emilio Hernández); en cine, "Mortadelo y Filemón" (director: Javier Fesser), "800 balas" (director: Álex de la Iglesia), "Pelo de tormenta"; en televisión, "Hospital central", "Manos a la obra", "A las once en casa".

 

23:00 h. no Auditorio Municipal

ÁNGEL PAVLOVSKY (ARXENTINA)

"OÍD, MORTALES" (entrada: 7 euros)

"Oíd, mortales" é unha frase do himno de Arxentina. A dramática situación que está a atravesar agora o seu país serve tamén para que Ángel Pavlovsky lles exprese as súas opinións aos espectadores a través de inxeniosas sentencias traxicómicas.

O artista afirma que a súa intención principal consiste en sorprender, emocionar e entreter ao espectador e intentar que saia pensando un pouco.

 

 
   
Contacta: correo@xiria.org