MARTES 9 DE SETEMBRO
12:00 h. na rúa
TEATRO BRUTO (GALIZA)
"EN PUNTO"
Traballo arredor de dúas personaxes peculiares. Trátase
de que estas personaxes reaparezan nas Festas de cada aldea,
vila ou cidade. É unha obra de rúa interpretada
polas actrices Gloria Rico e Mónica Camaño, na
que se vai trazando o mesmo percorrido que facían as
Marías a diario. É un espectáculo moi interactivo
no que o público pode participar. Teatro Bruto pretende
con este traballo facer camiñar sobre as rúas
de cada localidade galega a dúas figuras peculiares.
19:30 h na rúa
CATROEMEDIO TEATRO (GALIZA)
"ANIMACIÓN DE RÚA"
Catroemedio Teatro enteiro. Se vostede pretendía tomar
un respiro sentado tranquilamente á beira da estrada.
esquézao. Desde hoxe as rúas están tomadas
por unha febre tola, contaxiosa e hereditaria...
Catroemedio Teatro non chega a media ducia, pero son unha multitude
en si mesmo. Vimos do teatro pobre, da escola da vida, do clown,
das xenialidades toleironas duns viciosos amadores do espectáculo.
Unha sorprendente fusión chegada de grupos como "Lirilampo
Teatro" e mais "Codia e Miolo". Non somos Claudia
Schiffer nin David Beckham, mais facémonos notar.
¿Que máis se pode pedir? CATROEMEDIO, nin máis
nin menos.
22:30 h no Auditorio Municipal
TEATRO EL CRUCE (MADRID)
"LA NOCHE DEL OSO" (entrada: 5 euros)
Teatro El Cruce é unha iniciativa teatral que recolle
o esforzo e a traxectoria común dunha serie de profesionais
da escena que, non sen dificultade, vén desenvolvendo
a súa actividade artística dende hai máis
de quince anos na Comunidade de Madrid.
"La noche del oso" é unha obra de Ignacio
del Moral, un dos máis sólidos valores da dramaturxia
española contemporánea. O texto, revisitación
doutro seu anterior, "Oseznos", que deixou o seu pouso
na película Barrio, narra un momento clave na vida aqueles
osiños-adolescentes, narra ese día no que todo
cambiou para os tres.
Precisamente dous dos tres actores (Eloi Yebra e Críspulo
Cabezas) foron protagonistas da laureada película de
León de Aranoa, e o terceiro (Fernando Ramallo) é
outro asiduo dos filmes españois do momento.
20:30 h. no pub Canis Lupus
HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO
LECTURAS DRAMATIZADAS
Esta é, Roberto, unha pequena mostra de cariño,
unha pequena mostra do noso agradecemento por seguires aí
vivo entre nós.