| |
|
Où va la lumière
quand il fait noir?
Dous clowns comparten un apartamento. Lua e Sergi. Diogo chega
para alugar unha das habitacións.
O salón, espacio en común, transfórmase
nun lugar de encontros, de pantasmas, de alegrías e desilusións...
un lugar privilexiado para a relación co outro. “Et
Voilà” os problemas xurden porque hai que compartir.
Comparten as súas obsesións, os seus complexos,
o seu cepillo de dentes e o derradeiro iogur da neveira. Afortunadamente
a pesar das rivalidades, a necesidade de xogar e de estar xuntos
son máis fortes que todo.
|