23 DE MAIO 20:30 e 23:00 h.
OS ESPIGADORES E A ESPIGADORA
Francia. V.O. francés. Dirección
e Guión: Agnès Varda. Fotografía: S. Krausz,
D. Rouget, D. Doussin, P. Sautelet. Música: Joanna Bruzdowicz.
Montaxe: Agnés Varda
SINOPSE: Os espigadores e a espigadora
supón a recuperación do realismo pictórico
do XIX. As creacións de Jean François Millet, Jules
Breton ou Léon L'Hermite inflúeen decisivamente
en Varda, como Piero della Francesca en Godard coas súas
pinturas escultóricas. Os personaxes recolledores e recolectores
dalgúns cadros destes pintores son obxeto da búsqueda
contemporánea de Varda, que bota man da súa traxectoria
fotográfica ("eu son fotógrafa e sigo a selo...
é máis ben unha forma de ver") e do amor pola
pintura que lle transmitiu o seu marido (o finado cineasta Jacques
Demy), para capturar imaxes que aúnan a realidade coa poesía.
Varda acada un estilo persoal á marxe de convencionalismos,
debuxando plano a plano unha realidade marxinal, onde as cores
e as emocións palpitan diante da súa cámara
dixital.