13 DE XUÑO 20:30 e 23:00 h.
LUNDI MATIN
Francia/Italia, 2002, 120 min.
Dirección, guión e montaxe: Otar Iosseliani. Intérpretes:
Jacques Bidou, Anne Kravz-Tarnavsky, Arrigo Mozzo, Narda Blanchet,
Dato Tarielashvili-Iosseliani, Anna Lamour-Flori, Myriam Laidouni-Denis,
Adrien Pachod, Pascal Chanal. Música: Nicolas Zouravichvili.
Fotografía: William Lubtchansky.
SINOPSE: Todos os luns pola mañá,
Vincent inicia a súa rutina. Hora e media de viaxe sen
fumar a un traballo nada estimulante nunha fábrica. De
volta para a casa, a súa paixón pola pintura verase
sempre interrumpida polas obrigas familiares. Pero Vincent está
farto da fábrica, da muller, dos fillos e das incomprensibles
contradiccións dunha vila con inesperadas excentricidades.
O vello Albert fai o mesmo camiño todos os días.
O carteiro le o correo de todo o mundo. O cura non aparta os ollos
das mulleres da vila. Un granxeiro avaricioso instala un sistema
de alarma máis. Un día Vincent decide viaxar a Venecia;
quizais alí poida atopar todo o que lle falta.