19 de SETEMBRO 20:30 e 23:00
O MEU NAPOLEÓN
Reino Unido, 2001. Dirección: Alan Taylor.
Guión: Alan Taylor e Kevin Molony. Intérpretes:
Ian, Holm, Iben, Hjejle, Tim McInnerny, Tom Watson, Nigel Terry.
Música: Rachel Portman. Fotografía: Alessio Gelsini
Torresi. Duración: 105 min. V.O.S.
Sinopse: Illa de Santa Helena, 1821. Unha rede secreta
de leais bonapartistas está preparada para levar a Napoleón
a París mentres un dobre ocupa o seu lugar na illa. Cando
o emperador chegase a París o dobre de Santa Helena confesaría
ser un impostor e Napoleón reclamaría o trono. Facéndose
pasar polo mariñeiro Eugene Lenormand. Pero nin Napoleón
chega a Francia cando estaba previsto nin o dobre cumpre o trato
e Bonaparte debe vivir entre as xentes do pobo. Por primeira vez
en toda a vida terá unha vida normal e unha felicidade
escoñecida coa chegada dun amor auténtico.