24 de OUTUBRO
A ÚLTIMA NOITE
EE. UU., 2002. Dirección: Spike Lee. Guión:
David Benioff. Intérpretes: Edward Norton, Philip seymour
Hoffman, Barry Pepper, Rosario Dawson, Anna Paquin, Brian Cox,
Paul Diomede, Tony Devon. Música: Terence Blanchard. Fotografía:
Rodrigo Prieto. Duración: 134 min. V. O. S.
Sinopse: Monty Brogan está a piques de entrar
no cárcere para cumprir unha condena de sete anos. O impresionante
tren de vida de Monty, que o levou a gozar dos máis exclusivos
clubes de Nova York afastouno das persoas que máis o querían.
Apura o seu último día en liberdade intentando atoparse
co seu pai, que sempre loitou por el, e buscando os dous grandes
amigos da infancia, Jacob e Slaughtery. Tampouco non se esquece
da súa noiva, Naturelle, que pode que fose quen o delatou
á policía. Nese momento Monty non está seguro
de nada, pero o tempo acábaselle e debe tomar unha decisión.