www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

5 de decembro
O HOME DO TREN
Francia, 2002
Dirección: Patrice Leconte
Guión: Claude Klotz
Intérpretes: Jean Rochefort, Johnny Hallyday, Jean-François Stevenin, Charlie Nelson, Pascal Parmentier, Isabelle Petit-Jacques
Fotografía: Jean-Marie Dreujou
Música: Pascal Estève
Duración: m.
V.O.S.


Sinopse: Nunha pequena localidade francesa, ao anoitecer, Milan, un tipo con pinta de macarra, baixa dun tren. Diríxese a unha farmacia, onde coñece a Manesquier, un profesor retirado de literatura que o invita á súa casa.
Na súa vixésima película, Patrice Leconte (O home da perruqueira, A viúva de Saint Pierre) reuniu dúas presencias moi dispares. Unha idea, que en principio podería parecer aloucada, tradúcese nunha feliz idea, un prácido encontro con tintes de Western moderno.
Os dous personaxes veñen de mundos distintos, pero ambos desexarían a vida do outro. Milan soña con retirarse como gángster e disfrutar dunha vellez tan pracenteira como a de Manesquier; este desearía ter levado unha existencia máis arriscada, sustituíndo a poesía dos libros pola realidade da rúa.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores