

29 DE XANEIRO 20:30 e 23:00h
Proxección solidaria
contra a marea negra
11' 09'' 01. 11 DE SETEMBRO
11 DE SETEMBRO é unha película
colectiva composta por 11 curtametraxes cunha inspiración
común: os acontecementos do 11 de setembro do ano 2001
e as súas consecuencias. Foi dirixida por 11 cineastas
representativos dunha grande diversidade cultural: Ken Loach,
Claude Lelouch, Danis Tanovic, Sean Penn, Shohei Imamura, Amos
Gitaï, Samira Majmalbaf, Yusef Chahine, Idrissa Uedraogo,
Mira Nair e Alejandro González Iñárritu.
Cada director desenvolveu o tema de acordo coa súa percepción
dos acontecementos, estando presentes as preocupacións
e a historia de cada país. A duración de cada curta
tamén é simbólica: 11 minutos, 9 segundos
e 1 imaxe (11' 09'' 01) Este filme que xa nace como un compromiso
de solidariedade entre os pobos, destinando parte dos beneficios
obtidos a unha organización humanitaria internacional,
será proxectado no Cine Galaxias de Cangas, onde o Cineclub
Xiria desenvolve a súa actividade ao longo do ano, e esta
vez a recadación íntegra da taquilla irá
destinada a colaborar na loita contra a catástrofe da marea
negra. Colaboran: Cine Galaxias, Distribuidora Alta Films, Distribuidora
Baños Films e Federación de cineclubes de Galicia