
31 DE XANEIRO 20:30 e 23:00 h.
O ÚLTIMO TREN
(Corazón de fuego) Uruguay
-Arxentina, 2002 V.O. Español 93 m. Dirección: Diego
Arsuaga. Guión: Diego Arsuaga, Fernando León, Beda
Docampo. Interpretación: Héctor Alterio, Federico
Luppi, Pepe Soriano, Gastón Pauls.
Un vello ferroviario vasco, un profesor
xubilado e un desmemoriado burócrata, acordan secuestrar
unha histórica locomotora uruguaia do século XIX
que un novo empresario reconstruiu coa intención de venderlla
a un poderoso estudio de Hollywood. Este grupo de vellos soņadores
intenta poñer a salvo a locomotora, denunciando a manobra
publicamente e fuxindo por vías abandonadas cara á
fronteira co Brasil. Na súa aventura desencadean unha serie
de acontecementos que van desde a persecución polas autoridades
ata a solidariedade das vilas polas que o transporte deixou de
correr hai anos. Unha metáfora da defensa do patrimonio
ante os embates do capital internacional.