| |
|
12
decembro MADAME SATA Brasil – Francia,
2002.Dirección: Karim Aïnouz Guión: Karim
Aïnouz Intérpretes: Lázaro Ramos, Marcelia
Cartaxo, Flavio Bauraqui, Felipe Marques, Emiliano Queiroz Música:
Sacha Amback, Marcos Suzano Fotografía: Walter Carvalho Duración:
105 min.
Sinopse:
Criminal lendario, homosexual orgulloso, estrela de cabaret,
amante apaixonado, asasino, pai devoto de sete fillos adoptados.
¿Anxo ou demo? Madame Satâ, negro, 1,82 metros
de altura, 90 quilos de músculo metidos nunha camisa
de seda e pantalóns axustados cunha navalla no peto de
atrás. Nacido de escravos nas áridas terras do
norte do Brasil e vendido por súa nai con sete anos.
Exerceu a súa liberdade polas rúas de Lapa, Rio
de Janeiro, un apiñado mundo de chulos, putas, navallazos,
maricas e artistas, de escuros bares e de bordeis cheos de fume,
empapados de perfume doce e barato. Un mundo onde os desexos
desesperados agroman da pobreza e da miseria.
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|