www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

16 xaneiro
A PELOTA BASCA (A pel contra a pedra)
España, 2003.Dirección: Julio Medem
Producción: Julio Medem, Koldo Zuazua. Cámaras: Javier Aguirre, Jon Elicegui e Ricardo de Gracia. Música: Mikel Laboa. Montaxe: Julio Medem e Carlos Rodríguez.

Sinopse: Sinopse: "A pelota basca éante todo unha película de autor, onde reaparecen as mesmas fantasmas, as mesmas obsesións e maneiras das anteriores películas da intensa filmografía do autor de Vacas. Trátase dunha montaxe a partir dun número amplo de entrevistas a persoas concernidas polo chamado Problema basco: políticos, xornalistas, sociólogos, que cobren un amplo abano sen chegar á totalidade do espectro sociopolítico. As declaracións que efectúan –fragmentadas e montadas segundo o desexo de Julio Medem– non van máis alá do que se espera deles, en función do lugar que ocupan na actualidade basca. Máis alá da parcialmente constreñida selección de entrevistados, a operatividade do cineasta céntrase no tratamento fílmico de tales materiais. É nas localizacións, nos decorados desas entrevistas, nas angulacións da cámara e na iluminación dispensada a cada entrevistado, os interregnos entre os breves bloques de entrevistas, no acompañamento musical nas diversas fases da montaxe onde "se fai" A pelota basca; é nese tratamento de imaxe e sons onde se constrúe un discurso fílmico que despois pode vehicular unha pluralidade de sentidos non necesariamente coincidentes. Resulta significativo non só o esforzo por fuxir das localizacións cotiás dos entrevistados, senón o abusivo traslado a escenarios rurais das entrevistas." (José Enrique Monterde, Dirigido por...).

 

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores