www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

13 febreiro
O BONAERENSE
Arxentina, 2002. Premio da Fipresci do Festival de Cine de Chicago 2002. Dirección e guión: Pablo Trapero. Intérpretes: Jorge Román, Mimi Ardúh, Darío Levy, Víctor Hugo Carrizo, Hugo Anganuzzi, Graciana Chironi, Luis Vicat, Roberto Posse, Aníbal Barengo, Lucas Olivera, Gastón Polo, Jorge Luis Giménez, Gerrardo Maffoni. Música: Pablo Lescano. Fotografía: Guillermo Nieto. Duración: 98 min. V.O. en castelán.

Sinopse: O Zapa é serralleiro nunha pequena vila da provincia de Buenos Aires. O lugar é tranquilo, traballo hai máis ben pouco e as horas de traballo pasan lentamente. O Polaco, o dono do local envíao a abrir unha caixa forte nunha oficina. Ao día seguinte é detido acusado dun roubo cometido nese mesmo lugar. O seu tío Ismael, policía bonaerense xubilado, sácao da comisaría e envíao a Buenos Aires cunha carta de recomendación. Zapa convértese en aspirante a axente da policía bonaerense. Zapa chega á súa nova cidade. Fai o curso de preparación, traballa na comisaría, etc. A súa vida convértese nunha estraña ficción coa que deberá convivir no futuro. Presentouse no Festival de Cine Iberoamericano de Huelva e no Festival de cine de Cannes dentro da sección Unha certa ollada. Pablo Trapero (Buenos Aires, 1971) logrou coa súa primeira película Mundo grúa o premio da crítica en Venecia. "El Bonaerense –declara Trapero– propón un achegamento profundo e cotián á vida dunha persoa sen rumbo. Neste caso, a dun home que devén policía obrigado polas circunstancias. Seguir de cerca os seus enredos policiais, como se se tratase dunha película policial, non é o obxectivo. A proposta é acompaņar a este home mentres a súa vida se atempera nun ambiente hostil que provoca máis hostilidade. Por iso, os seus silencios e as súas decisións son centrais".

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores