|
|
|
27
febreiro
GOOD BYE LENIN
Alemaña, 2002. Premio
Anxo Azul á Mellor Película europea, Berlinale 2003
Premio ao Mellor director europeo, Premio ao Mellor Actor Europeo,
Premio ao Mellor guión. Dirección: Wolfgang Becker.
Guión: Bern Lightenberg. Intérpretes: Daniel Brühl,
Katrin Sass, Chulpan Khamatova, Maria Simon, Florian Lucas, Alexander
Beyer, Burghart Klaussner, Franziska Troegner, Michael Gwisdek.
Producción: Stefan Arndt. Música: Yann Tiersen. Fotografía:
Martin Kukula. Duración: 102 min. V.O.S.E.
Sinopse: Outubro de 1989, a nai
de Alex, unha muller de férreas conviccións socialistas
entra en coma. Alex vese envolto nunha complicada situación
cando a nai esperta de repente oito meses despois. Ningunha outra
cousa podería afectar tanto á súa nai como
a caída do Muro de Berlín e o triunfo do capitalismo
na súa amada Alemaña Oriental. Para salvar á
súa nai, Alex converte o apartamento familiar nunha illa
ancorada no pasado, unha especie de museo do socialismo no que a
súa nai vive comodamente pensando que nada mudou. O que comeza
como unha pequena mentira piadosa, convértese nunha grande
estafa cando a irmá de Alex e algúns veciños se encargan
de manter a farsa para que a nai siga crendo que ao final Lenin
venceu.
Wolgang
Becker é un autor pouco coñecido en España,
onde coñecemos unicamente A vida en obras, unha película
que tivo un certo recoñecemento. No seu país traballou
en televisión, para a que dirixiu algúns episodios
de series e documentais. Coñecedor do fácil que é
manipular imaxes ou inserilas en contextos que non teñen
que ver co que realmente sucedeu, foi capaz de utilizar este truco
para realizar a película. "Non quería que Good Bye
Lenin! fose unha burla. Todo o mundo ten opinións diferentes
sobre o lonxe que pode permitirse chegar ácomedia, no mellor
sentido da palabra, e sobre todo no que se converte nunha pallasada
e nunha tonteríaŠ Fascinábame a idea dun fillo que
intenta manter a raia a morte cunha mentira sobre unha Alemaña
Oriental que xa non existe, na que quere que a súa nai crea.
Pouco a pouco el mesmo se irá enleando nesa mentira. Isto
éalgo universal e pode illarse dese período específico
do pasado que narra a historia da Alemaña Oriental, a caída
do Muro de Berlín e a reunificación".
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|