www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

26 de marzo
OSAMA
Afganistán, Xapón e Irlanda, 2003
Espiga de Ouro da Seminci de Valladolid 2003
Menxión Especial Festiva de Cannes 2003
Dirección e guión: Siddiq Barmak.
Interpretación: Marina Golbahari (Niña/Osama), Khwaja Nader (Mulá), Arif Herati (Espandi), Zubaida Sahar (La madre), Hamida Refah (La abuela), Gol Rahman Ghorbandi (Talibán).
Producción: Siddiq Barmak, Julia Fraser y Julie LeBrocquy.
Música: Mohamed Reza Darwishi.
Fotografía: Ebrahim Ghafuri.
Duración: 83 min.

Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballar e a posibilidade de saír soas á rúa, posto que non teñen ningún varón na familia que vele por elas. A nai e a avoa deciden entón facela pasar por un rapaz, o que a encherá de anguria e terror. Cando na compaña doutros rapaces, é levada á madrasa (escola relixiosa) recibe a axuda de Espandi, un rapaz que sabe quen é realmente e que lle dá un nome: Osama. Exiliado en Pakistán durante o réxime talibán, Barmak –director da Afgani Film Organization e fundador de Buda Film Organization- reivindica coa súa ópera prima o dereito de todo ser humano a ter sido en conta, a tomar as súas propias decisións, a non ser devorado polos seus semellantes.
Dito coas súas propias palabras: "Osama é a amarga historia da nosa vida, unha época terrible… é a historia dos que perderon a súa identidade baixo o nome de Osama”. Neste caso o dunha nena de doce anos que soamente pode subsistir facéndose pasar por un rapaz. Co risco de morte que esa decisión conleva.
Osama é un deses pequenos tesouros cinematográficos que van cobrando valor co paso de cada fotograma. A madurez dos seus planos, a autenticidade dos seus intérpretees (non profesionais) e a crudeza do relato, atrapan ao espectador nunha espiral que segue as sendas da traxedia persoal da pequena e excelente Marina Golbahari. Siddiq Barmak conta coa colaboración do director de fotografía Ebrahim Ghafuri, presente en filmes como A pizarra ou 11-S, que consegue dotar a cada encadre a emoción exacta. Gracias á planificación sinxela e ao descuberto do realizador, o fotógrafo consegue atrapar a infancia roubada de Osama, o silencio, a morte... a través da poesía: a nena pintada no cristal do trinque, os pés descubertos bambeando enriba da bicicleta, a trenza plantada na maceta.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores