www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

16 de abril
ELEPHANT
USA, 2003
Dirección e guión: Gus Van Sant.
Interpretación: Alex Frost, Eric Duelen, John Robinson, Elias McConnell, Jordan Taylor, Carrie Finklea, Nicole George, Brittany Mountain, Alicia Miles, Kristen Hicks, Jason Seitz.
Producción: Dany Wolf.
Fotografía: Harris Savides.
Duración: 81 min.

Sinopse: É un bonito día de outono. Eli, camiño da clase, convence a unha parella de roqueiros para facerlles unhas fotos. Nate termina o seu entrenamento de fútbol e queda coa súa noiva Carrie para comer. John deixa as chaves do coche de seu pai na conserxería do instituto para que as recolla seu irmán. Na cafetería, Brittany, Jordan e Nicole murmuran e critican ás súas nais. Michelle vai correndo á biblioteca mentres Eli lle saca fotos a John no vestíbulo. John sae do instituto e diríxese aos xardíns con Alex e Eric. Parecía un día calquera… pero non o é.
Elephant mergúllanos nas vidas de varios alumnos dun instituto americano. Un día calquera coas súas clases, o fútbol. As murmuracións e as relacións sociais. O film amósanos as idas e vidas dos personaxes desde un punto de vista que nos permite velos tal como son. Para cada alumno que coñecemos, o instituto é unha experiencia diferente: estimulante, traumática, solitaria, agradable.
O interese de Gus Van Sant pola mocidade foi o rasgo distintivo do seu traballo ao longo da súa traxectoria profesional. En películas tan diferentes como O meu Idaho privado, Todo por un soño e O indomable Will Hunting, Van Sant sempre retratou á xente moza a punto de entrar no mundo adulto.
Hai unha película que marca o punto de partida para a idea de tratar a idea da violencia nos colexios, o traballo do cineasta británico Alan clarke, tan aclamado pola BBC en 1989 tamén chamado Elephant. Esta película describía a violencia en Irlanda do Norte. Clarke titulou a súa plícula así explicando que a violencia é un problema tan fácil de ignorar como o feito de ter un elefante no salón.
Elephant amósanos o mundo como unha gran matriz de camiños entrecruzados, predetermiñados polos que deambulan os seres humanos do mundo.
Elephant é contundente en todos e cada un dos seus planos. Amósanos o mundo como un gran taboleiro no que os seres humanos somos pezas que circulamos por liñas predetermiñadas.
A cámar de Van Sant persegue aos adolescentes protagonistas da película repasando as liñas debuxadas no chan, como se sobre estas pasasen un raís polos que circular nun travelling infinito, a utoía impsible do filme.
Tralos camiños, o primeiro que nos chama a atención son os rituais. Rituais que o son todo. O primeiro, o propio transitar polo mundo como corpos inconscientes da súa propia predeterminación. Os mozos de Columbine conviven nun océanos de actitudes ritualizadas a través das cales construír a súa propia identidade. Actitudes e accións que van desde o simple saúdo codificado entre John e Elias no correor do instituto ata o xesto de posar ante a cámara dun compañeiro de curso. E aquí nace outra gran reflexión da película: como as apariencias o constitúen todo no noso mundo, no que a imaxe do éxito se converteu no elemento máis valorado do ser humano.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores