www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

30 de abril
DISTANTE
(Uzak)(Distant)
Turquía, 2002
Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes, 2003
Premio á mellor película do ano da Fipresci
Premio Mellor interpretación masculina, Cannes 2003
Dirección e guión: Nuri Bilge Ceylan.
Interpretación: Muzaffer Özdemir, Mehmet Emin Toprak, Zuhal Gencer Erkaya, Nazan Kirilmis, Feridun Koç, Fatma Ceylan, Ebru Ceylan.
Producción: Nuri Bilge Ceylan.
Fotografía: Nuri Bilge Ceylan.
Duración: 110 min.


Sinopse: Mahmut é un fotógrafo turco que vive en Estambul, instalado nunha vida acomodada gracias aos seus traballos publicitarios para unha empresa de pavimentos e ás reportaxes de fotografía rural que realiza periodicamente. Solo tralo seu divorcio, Mahmut ve alterada a súa independencia coa chegada de Yusuf, un parente que viaxa á capital en busca de traballo. No seu peregrinar na capital, non consegue máis que fracasos. A convivencia entre os dous parentes está chea de dificultades, incrementadas pola sensación de fracaso do fotógrafo nas súas relacións amorosas, familiares e na súa incomunicación.
De vez en cando prodúcese no noso panorama cinematográfico algunha sorpresa con aromas retrospectivos, con aires daqueles vellos tempos en que algúns cineastas consideraban o cine como vehículo de ideas e sentimentos. Cando chega ás nosas pantallas unha película como Lonxano, tan serio como sobrio, tan íntimo como sensible, merece unha mención especial como parece recoñecer o Gran Premio do Xurado de Cannes e sobre todo o Gran Premio da FIPRESCI á mellor película co ano 2003, un premio outorgado polos críticos do mundo enteiro.
Lonxano conmóvenos co seu retrato da soedade
Nuri Bilge Ceylan (Estambul, 1959) é un fotógrafo que estudiou enxeñería antes de acudir un par de anos á Escola de Cine da capital turca. Completou os seus estudios cinematográficos en Londres, onde frecuentou o National Film Theatre, entrando en contacto cos realizadores que se constituirían nos seus modelos narrativos: O Xaponés Yasujiro Ozu -de quen valora sobre todo a súa mirada humanamente compasiva cos personaxes-, Bresson, Antonioni e Tarkovski.
A súa primeira longametraxe, Kasaba (A pequena vila), é de 1997. Despois veu Mayis Sikintisi (Nubes de maio), que en 2000 gañou18 premios internacionales.
Distante constrúe un relato cun poder de seducción visual pouco común, que respira a intimidade dun equipo moi reducido (5 persoas) e con pouco material a costas, que non cae na trampa do exotismo. As cualidades de fotografía, planificación e montaxe son sinxelamente apabullantes. Coa maxia de gran parte da metraxe ten que moito que ver a intelixencia das localizacións, especialmente as secuencias do porto e do peirao abandonado.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores