www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

14 de maio
SAMSARA
Francia, India, Italia e Alemania. 2001.
Dirección: Pan Nalin.
Interpretación: Shawn Ku, Christy Chung, Neelesha BaVora, Jamayang Jinpa, Lhakpa Tsering, Kelsang Tashi, Tsewang Dorjee, Sherab Sangey, Lobsang Jinpa, Tenzin Rabgias.
Guión: Pan Nalin e Tim Baker.
Producción: Karl Baumgartner e Christoph Friedel.
Fotografía: Rali Ralchev.
Música: Cyril Morin.
Duración: 145 min.

Sinopse: Despois de tres anos, tres meses e tres días de reclusión voluntaria nunha ermida perdida da rexión de Ladakh no Himalaia, Thassi rexorde dun trance profundo. No mosteiro en que vive desde os cinco anos, vai recuperando pouco a pouco as forzas vitais. Pero a volta trae resultados inesperados. Fóra dos rigores dunha vida entregada ao desenvolvemento do espíritu, Thassi experimenta o espertar da vida sexual. Estes sentimentos coinciden cunha viaxe a unha vila cercana onde Thassi coñece a Pema, unha fermosa xove da que se enamora. Por primeira vez o xove lama empeza a pensar no valor da súa vida no mosteiro.
“Hai dúas lóxicas superpostas nesta curiosa, a cachos apaixoante peripecia relixioso-costumista. Unha, a máis interesante sen dúbida ningunha, ten que ver co interese do seu director por dar conta das formas de vida dunha remota rexión do seu país, Ladakh, un recóndito anaco do Himalaia virtualmente pechao aos estranxeiros desde 1975. Coas súas formas de vida tradicionais, a súa relixiosidade colectiva e un clima tan extremo que chega ata os –30†C no inverno, a rexión non ten, a pesar da súa intensa e peculiar beleza, moita tradición no cine.
Nalin apresúrase a capturar todo iso, abiente, beleza e personaxes cunha cámara especialmente atenta ao cotián, ás peculiaridades das súas tradicións. E faino para contar unha historia dobremente insólita: unha por situarse onde o fai; dúas, porque fala dun tema, unha lecura feminista do budismo, de todo inususal, almenos no cinematográfico que se acostuma a ver no Occidente…
Hai que agradecerlle que presente unha escritura cinematográfica persoal, alonxada das presas e as obviedades: as case dúas horas e media pasan por diante dos nosos ollos sen que se teña a impresión de estar vendo outra cousa que unha insólita e interesante proposta. “
M. Torreiro – El País

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores