Inicio - Programación - Mostra de teatro - Música - Outras actividades - Galería de arte

Que é Xiria


14 DE FEBREIRO 20.30 e 23:00 h.

LUGARES COMÚNS

(Lugares comunes) España-Arxentina, 2002. V.O. Español. 112 m. Dirección: Adolfo Aristarain. Guión: Adolfo Aristarain. Interpretación: Federico Luppi, Mercedes Sampietro, Arturo Puig, Carlos Santamaría, etc.

Fernando Robles, porteño de sesenta anos, é profesor de pedagoxía na universidade. Está casado cunha española que traballa nos barrios marxinais de Bos Aires. Fernando e Liliana levan xuntos moitos anos e non conciben a vida separados; son socios, amigos, amantes e cómplices. Resignados ante as privacións, sobrelevan a falta de proxectos, a incerteza e as desesperanzas do futuro. Pero as súas vidas vanse ver alteradas cando , sen previo aviso, Fernando recibe a comunicación oficial na que se lle informa da súa xubilación forzosa.

 

 
   
Contacta: correo@xiria.org