www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

28 de maio
TODO OU NADA
(All or nothing)
Gran Bretaña e Francia, 2002
Dirección e guión: Mike Leigh.
Interpretación: Timothy Spall, Lesley Manville, Alison Garland, James Corden, Ruth Sheen, Marion Bailey, Paul Jesson, Kathryn Hunter, Sally Hawkins, Helen Coker, Daniel Mays, Ben Crompton, Robert Wilfort.
Producción: Simon Channing-Williams.
Música: Andrew Dickson.
Fotografía: Dick Pope.
Duración: 128 min.

Sinopse: Esta película non é un retrato social, como di calgunha propaganda. Se unicamente fose un retrato social sería unha especie de documental neste caso dunha área demográfica media-baixa: taxistas, caixeiras de supermercado, limpiadoras, parados… Pero nesta paisaxe urbana, nesta xeografía humana, máis concretamente no seo dunha destas familias, ten lugar unha historia de amor.
Esta historia de amor non é privativa de taxistas ou de duques, de señoras millonarias ou de señoras da limpeza, é, como xa dixemos, unha historia de amor e, por tanto, unha historia universal. Mike Leigh elixiu un escenario e unha vestimenta medio-baixos, e un ambiente cultural... baixo; pero os sentimentos espirituais, ao ser humanos, son universais: son sempre altos, e poden ser altísimos.
O director no elixiu estrelas guapas, sinon actores máis ben feos.
O protagonista volve a ser o gordo Timothy Spall (podemos velo en O último samurai); Alison Garland e James Corden (os seus fillos) están enfermos de obesidade. A protagonista feminina (Lesley Manville) é guapa, pero salvo un momento, aparece sen maquillar e desarreglada. durante toda a historia. Con isto indico lo que Mike Leigh sinala, e presenta con forza: o interior da persoa.
Este director confía a súa película e o guión á creatividade dos seus actores, con quen ensaia ata a perfección. O resultado é que todos os personaxes son persoas reais, non estereotipos; todo o que senten e din é adecuado e exacto.
Non é frecuente un cine como o de Leigh, verdadeiro, que evita a beleza sensible para adentrarse na maior beleza, a da acción humana que atrae. Ou a súa maior fealdade, a degradación que repele.
“Emocionan, encollen o corazón estes tenros personaxes infelices e indefensos, aos que Leigh abre a alma en longos encadres que rozan a xenerosidade da perfección… Hai vgor tráxico liberador mestes actores de xenio arrastrados por un cineasta de xenio que arranca o mellor deles mesmos, o que teñen de únicos.” (Ángel Fernández-Santos)
.

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores