www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

11 de xuño
ZATÔICHI
Xapón, 2003
Dirección: Takeshi Kitano.
Interpretación: Takeshi Kitano, Tadanobu Asano, Michiyo Oguso, Yui Natsukawa, Guadalcanal Taka, Daigoro Tachibana, Yuko Daike, Ittoku Kishibe, Saburo Ishikura, Akira Emoto.
Guión: Takeshi Kitano; basado en un relato de Kan Shimozawa.
Producción: Masayuki Mori y Tsunehisa Saito.
Música: Keiichi Suzuki.
Fotografía: Katsumi Yanagijima.
Duración: 116 min.

Sinopse: Xapón, século XIX, Zatoichi é un vagabundo cego que gaña o pan dando masaxes e xogando aos dados. Pero detrás da súa humilde fachada, Zatoichi é un gran espadachín, deleitando con toques dunha sobrecolledora precisión. Zatoichi descobre unha pequena cidade perdida na montaña dominada pola banda do despiadado Ginzo.
Este desfaise de calquera que se interpoña no seu camiño contratando para iso a Hattori, un samurai de sona. Un día xogando co seu inseparable amigo Shinkichi coinciden cunha parella de geishas. Tan perigosas como guapas, Okinu e a súa irmá Osei foron á cidade para vingar o asasinato dos seus pais. Tendo como única pista o misterioso nome de Kuchinawa, as irmás esconden un feixe de ases na manga. A sinstra banda acorrala a Zatoichi. Coa súa lexendaria espada, o destino de Zatoichi verase inmerso en situacións moi violentas.
“A carreira de Kitano orientouse nos últimos anos cara a unha fecunda interrelación de xéneros concebida desde a tradición e a modernidade a partes iguais…
O samurai cego e de cabelos brancos chamado Zatoichi foi creado polo escritor Kan Shimozawa e protagonizou 25 películas entre 1962 e 1989. A idea de recuperar este personaxe foi da propietaria dun teatro de Tokio, mentora de Kitano nos seus inicios como realizador, que contactou con este para que dirixira e protagonizara a película.
O filigranesco xogo de personaxes, euitativamente repartido desde o punto de vista dramático e con constantes fugas e distensións cómicas –caso do mozo alelado que quere converterse en Samurai e non para de dar voltas lanza en ristre á casa na que se aloxa Zatichi-, sérvelle a Kitano para apuntalar o solidez a historia ee permitirse diversas disgresións do modelo clásico ao que a película se acolle en teoría.
Kitano absorbe un producto tradicional da cultura popular do seu país, reliza unha profunda abstracción sobre o personaxe central, renuncia a todo amago de estilización, adopta formas dun xénero cinematográfico puramente estadounidense e mistura sen ningún tipo de complexos, nun saudable exercicio de soltura narrativa, todos estes ingredientes para obter un estilo de película que soamente lle pertence a el.”
Quim Casas – Dirigido por….

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores