www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

25 de xuño
SER E TER
(Être et avoir)
Dirección: Nicolas Philibert.
País: Francia.
Ano: 2002.
Duración: 104 min.
Xénero: Documental.
Interpretación: Georges López, Laura, Guillaume, Julien, Jonathan, Nathalie, Olivier, Alizé, Johann, Jessie, Jojo, Marie, Létitia, Axel.
Producción executiva: Gilles Sandoz.
Música: Phillippe Hersant.
Fotografía: Katell Djian y Laurent Didier.
Montaxe: Nicolas Philibert.

Sinopse: Inspirada no fenómeno, tan extendido tamén en Galiza, da escola unitaria, Ser e Ter mostra a vida dunha destas escolas nunha aldea do corazón de Francia ao longo de todo un curso, ofrecéndonos unha cálida e serena ollada á educación primaria en Auverne. Un grupo de alumnos de entre 4 e 10 anos fórmanse en todas as materias baixo a titoría dun único profesor cunha extraordinaria adicación. Mestre de autoridade tranquila, o profesor Georges López leva os rapaces cara áadolescencia, mediando nas súas disputas e escoitando os seus problemas.
Sen dúbida, a fermosura sinxela da paisaxe –labrega, non romántica- dalgún lugar de Auverne, presente nas catro estacións, coopera na claridade desta película, O mesmo –ou quizais máis- que os rostros dos nenos, os seus xestos sinxelos e as súas olladas limpas. Tamén o encanto da mesma escola, o alto edificio, a verxa…; e todo isto maravillosamente fotografado. Pero as cousas en si non son arte de non recibiren o toque da sensibilidade creativa de Nicolas Philibert (guión, cámara, dirección, montaxe).
Ser e ter é un documental (¿ou soamente ten aspecto de documental?) que mostra a vida dunha escola ao longo de todo un curso. É certo que o mestre ten unhas dotes pedagóxicas excepcionais, pero, ao ser isto certo, non cabe senón dicir que a película, ademais de ser unha fermosísima obra mestra, é un filme moi útil como modelo
Un dos segredos da cativadora gracia deste film é que mostra a vida; é, se cabe dicilo así, unha obra viva. ¡Nada menos! Coa sinxeleza do auténtico, coa intelixencia do ben acabado, presenta a tenrura dos nenos de catro anos, a súa admiración ante o que aprenden, a súa confianza desarmada; e presenta tamén as dificultades interiores e de comportamento dos pre-adolescentes de dez ou pouco máis anos, a súa nobre reacción ante quen sabe serlles amigo.
A realización cinematográfica ao longo do curso tivo as súas dificultades, moitas, e parece porén como se a cámara non existira ante os nenos. 104 minutos pasan coma un sopro. O resultado é dunha gran sinxeleza, ofrece espontánea amenidade e risa, traxedias cotiás e comúns sufrimentos, diversións transparentes…
E a obra cérrase como se cerran as obras mestras: cun final admirable, tan simple, e ao mesmo tempo tan cargado de sentimentos e de ideas, que enriquece a mente
.

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores