www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

24 de setembro
O GRAN DITADOR
(The great dictator)



Dirección, produción eguión: Charles Chaplin.
País: EE. UU.
Ano: 1940.
Duración: 124 min.
Interpretación: Charles Chaplin (Adenoid Hynkel), Jack Oakie (Napaloni), Reginald Gardiner (Schultz), Henry Daniell (Garbitsch), Billy Gilbert (Marshal Herring), Grace Hayle (Sra. Napaloni), Carter De Haven (Embaixador de Bacteria), Paulette Goddard (Hannah), Maurice Moscovitch (Sr. Jaeckel), Emma Dunn (Sra. Jaeckel)
Música: Charles Chaplin e Meredith Willson
Fotografía: Karl Struss e Roland Totheroh
Montaxe: Willard Nico
Dirección artística: J. Russell Spencer

Sinopse: Durante a Primeira Guerra Mundial, un anónimo combatente do exército de Tomania sálvalle a vida aun oficial chamado Schultz. Pero o avión no que foxen estrélase e, mentres Schultz resulta indemne, o soldado ingresa nun hospital con amnesia. Alí permanecerá vinte anos da súa vida, ignorando por completo os cambios que se producen ao seu redor. Hynkel converterase no ditador de Tomania e perseguirá desapiadadamente aos xudeos coa axuda dos seus dous ministros, Garbitsch e Herring. Á saída do hospital, o soldado regresa á súa antiga barbería no Gueto, esperando encontrar todo o que deixou vinte anos atrás. Alí coñecerá a Hannah, unha moza da que se namorará. Namentres, Schultz converteuse nun influínte oficial do réxime e ordena ás súas tropas deixar o barbeiro en paz. Hynkel planifica a invasión de Osterlich, país fronteirizo, e cando Schultz cuestiona esa decisión, o ditador condénao a un campo de concentración. Inmediatamente, Schultz proxecta a súa fuga tentando provocar unha rebelión contra o goberno. Entón refúxiase no Gueto, na casa do seu amigo o barbeiro, pero as tropas de Hynkel queiman a tenda, arrestan aos dous homes e intérnanos nun campo… (La Butaca)

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores