www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

8 de outubro
VÍAS CRUZADAS
(The Station Agent)



Dirección e guión: Thomas McCarthy
País: EE. UU.
Ano: 2003
Duración: 90 min.
Intérpretes: Peter Dinklage (Finbar McBride), Patricia Clarkson (Olivia Harris), Bobby Cannavale (Joe Oramas), Paul Benjamin (Henry Stiles), Raven Goodwin (Cleo), Michelle Williams (Emily), Jayce Bartok (Chris), Ileen Getz (Señora Kahn), Jeremy Bergman (Jacob), Joe Lo Truglio (Danny), Richard Kind (Louis Tiboni)
Produción: Mary Jane Skalski, Robert May e Kathryn Tucker
Música: Stephen Trask
Fotografía: Oliver Bokelberg
Montaxe: Tom McArdle
Deseño de produción: John Paino
Dirección artística: Len Clayton
Vestiario: Jeanne DuPont

Sinopse: Finbar McBride quere estar só e que o deixen tranquilo, pero para el, nacido con ananismo, pasar inadvertido é unha tarea case imposible. A forma en que Fin se defendeu sempre da curiosidade que esperta é levar unha vida illada presidida por unha única paixón: os trens. Trala morte do seu único amigo e compañeiro de traballo, Fin instálase nunha estación de tren abandonada no campo, en Nova Jersey, para vivir coma un ermitaño. Pero, igual que lles pasou aos xefes de estación que viviron alí antes ca el, Fin non tarda en verse involucrado nas vidas dalgúns dos seus veciños: Olivia Harris, unha artista que intenta superar una traxedia familiar, e Joe Oramas, un vendedor de hamburguesas de orixe cubana con talento culinario e unha sede insaciable de conversa. Na esquecida estación de ferrocarril, este trío tan dispar comeza a forxar uns lazos singulares, que en última instancia revelan que até o illamento é mellor compartido. (La Butaca)

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores