|
|
|
22
de outubro
WILBUR
QUÉRESE SUICIDAR
(Wilbur begår selvmord)

Dirección: Lone Scherfig.
Países: Dinamarca, Reino Unido, Suecia e Francia.
Ano: 2002.
Duración: 105 min.
Interpretación: Jamie Sives (Wilbur), Adrian Rawlins
(Harbour), Shirley Henderson (Alice), Lisa McKinlay (Mary),
Mads Mikkelsen (Dr. Horst), Julia Davis (Moira), Susan Vidler
(Sophie), Robert McIntosh (Taylor), Lorraine McIntosh (Ruby),
Gordon Browm (Wayne).
Guión: Lone Scherfig e Anders Thomas Jensen.
Música: Joakim Holbek.
Fotografía: Jørgen Johansson.
SINOPSE
Wilbur intentou suicidarse pero aínda non tivo éxito.
Malia posuír un magnetismo especial, sobre todo coas
mulleres, o seu enxeño e o seu atractivo non logran disimular
o seu pesimismo. Wilbur está tan desilusionado da vida
que non atopa ningún motivo para seguir vivindo. Xustamente
o contrario do que lle sucede ao seu irmán Harbour, un
optimista incurable cuxo principal cometido nesta vida é
ocuparse da felicidade de Wilbur. Estes dous excéntricos
irmáns, que están na trintena, viven en Glasgow
onde herdaron unha vella librería que é o único
recordo que lles queda do pai, recentemente fallecido. (La
Butaca)
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|