www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

17 de decembro
PRIMAVERA, VERÁN, OUTONO,
INVERNO... E PRIMAVERA
(Bom, yeoreum, gaeul, gyeowool, geurigo, bom)


Dirección e guión: Kim Ki-duk
Países: Corea do Sur e Alemaña
Ano: 2003
Duración: 103 min.
Interpretación: Oh Young-soo (monxe vello), Kim Jong-ho (neno monxe), Seo Jae-kyung (mozo monxe), Kim Young-min (mozo monxe), Kim Ki-duk (monxe adulto), Ha Yeo-jin (moza), Kim Jung-young (nai da moza), Ji Dae-Han (detective Ji), Choi Min (Choi).
Música: Bark Jee-woong.
Estrea en Corea do Sur: 19 Setembro 2003
Estrea en España: 10 Setembro 2004


SINOPSE
É este un fermoso conto taoísta que nos transporta a un mundo de iconografía oriental, no que as portas illadas no baleiro, a auga en todas as súas formas, as árbores e os animais enmarcan a historia dunha aprendizaxe que se desenvolve nas catro estacións da vida e cuxa mensaxe é moi clara: o desexo de posesión leva en si mesmo a destrución do que máis queres. Ninguén é inmune ao poder das estacións nin ao seu ciclo anual de nacemento, crecemento e decaemento. Nin sequera os dous monxes que comparten unha ermida flotante rodeada de montañas. Á vez que as estacións se suceden, todos e cada un dos aspectos da súa vida son infundidos e vividos moi intensamente. Isto faralles experimentar momentos de grande espiritualidade e misticismo e outros máis movidos e tráxicos. Eles, igual que todo ser humano, son incapaces de evitar os avatares da vida, os desexos, o sufrimento e as paixóns. Baixo a atenta mirada do monxe ancián, un moito máis novo experimenta a perda da inocencia, coa chegada dunha muller ao seu particular mundo de paz e tranquilidade. A muller espertará no mozo sentimentos até entón totalmente descoñecidos como o amor, os celos, a obsesión, o prezo da salvación e a sabedoría obtida a través da experiencia.

(La Butaca.net)

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores