www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

3 de decembro
AS INVASIÓNS BÁRBARAS
(Les invasions barbares)



Dirección: Denys Arcand.
Países: Canadá / Francia, 2003.
Duración: 99 min.
Intérpretes: Rémy Girard (Rémy), Stéphane Rousseau (Sébastien), Dorothée Berryman (Louise), Louise Portal (Diane), Dominique Michel (Dominique), Yves Jacques (Claude), Pierre Curzi (Pierre), Marie-Josée Croze (Nathalie), Marina Hands (Gaëlle), Toni Cecchinato (Alessandro), Denys Arcand (Sindicalista), Johanne-Marie Tremblay (Hermana Constance).
Guión: Denys Arcand.
Música: Pierre Aviat.
Fotografía: Guy Dufaux.


SINOPSE
Denys Arcand volve presentar os personaxes creados hai 17 anos para o seu exitoso e premiado film A decadencia do imperio americano (1987). Rémy padece unha enfermidade terminal e encóntrase internado no hospital. A súa ex muller, Louise, pídelle ao seu fillo Sébastien que volva de Londres, onde está desenvolvendo unha brillante carreira no campo das finanzas, para estar xunta el. Malia a escasa comunicación que tivo co pai nos últimos anos, Sébastienvoa a Montreal e trata de comprar o máximo confort para o seu proxenitor. Amosando o poder dos cartos e poñendo en evidencia a corrupción que no film se supón presente en todos os ámbitos da vida, Sébastien reúne os amigos, os colegas e as amantes do seu pai. Unha vez que o cuarto do hospital se enche de “vellos coñecidos”, comeza un desfile incesante de frases enxeñosas e un esmerado percorrido polos principais fitos da sociedade burguesa do século pasado. (Luis Ormaechea)

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores