www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

17 de decembro
TOGETHER
(He ni zai yi qi)Dirección: Chen Kaige.

Países: China e Corea do sur.
Ano: 2002.
Duración: 116 min.
Interpretación: Tang Yun (Liu Xiaochun), Liu Cheng (Liu Peiqi), Chen Hong (Lili), Wang Zhiwen (Profesor Jiang), Chen Kaige (Profesor Yu), Chen Qiang (Hui), Zhang Jing (Lin Yu), Kim Hye-ri (Muller do profesor Yu).
Guión: Chen Kaige e Xüe Xiaolu.
Música: Zhao Lin.
Fotografía: Kim Hyljngkoo.

SINOPSE
Xiaochun leva tocando o violín desde que tiña idade para suxeitalo. Agora ten 13 anos e gañou unha longa lista de premios rexionais. É un rapaz tímido e sensible e foi educado en solitario polo pai, un home moi traballador. Xiaochun sempre se expresou mellor a través do violín que coas palabras e está convencido de que a música o acerca á súa nai, unha muller tamén música á que nunca chegou a coñecer. Xiaochun é o ollo dereito do seu pai, Lui Cheng, cociñeiro e de carácter optimista. Puxo todas as súas esperanzas na música para o futuro de Xiaochun e aínda que é labrego sabe que estudar en Pekín é fundamental para o brillante futuro que tanto desexa para o seu fillo. Armados cos seus pequenos aforros e a determinación de Liu Cheng, pai e fillo emprenden viaxe á gran cidade onde Xiaochun ten unha proba nunha famosa escola de música. As luces e a magnitude de Pekín impresionan ao neno pero máis aínda a visión dunha moza moi atractiva na estación. De repente Xiaochun vese introducido dentro dun mundo de sensacións e posibilidades que nin imaginara.

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores