|
|
|
28
de xaneiro
MACHUCA
Chile e España, 2004.
Duración: 120 min.
Dirección: Andrés Wood.
Interpretación: Matías Quer (Gonzalo Infante),
Ariel Mateluna (Pedro Machuca), Manuela Martelli (Silvana),
Aline Küppenheim (María Luisa), Federico Luppi (Roberto
Ochagavía), Ernesto Malbrán (Padre McEnroe),
Guión: Roberto Brodsky, Mamoun Hassan e Andrés
Wood.
Música: José Miguel Miranda e José Miguel
Tobar.
Fotografía: Miguel J. Littín.
SINOPSE
Chile, 1973. Gonzalo Infante e Pedro Machuca son dous rapaces
de once anos que viven en Santiago, o primeiro nun barrio acomodado
e o segundo nun humilde poboado ilegal instalado a poucas cuadras
de distancia. Dous mundos separados por unha gran muralla invisible
que algúns, no seu afán por facer realidade os
soños dunha época chea de esperanzas revolucionarias,
queren derrubar. Un destes soñadores, o director dun
colexio relixioso privado, o padre McEnroe co apoio dunha parte
dos pais, integra no elitista colexio a rapaces de familias
de escasos recursos procedentes do poboado, coa firme decisión
de que aprendan a respectarse mutuamente. É así
como Pedro Machuca está na mesma clase que Gonzalo Infante
e entre eles nace unha amizade chea de descubrimentos e sorpresas.
Pero ás dificultades obxectivas deste intento de integración
xúntanse as que se derivan do clima de aberto enfrontamento
social que vive a sociedade chilena.
.
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|