|
|
|
11
de febreiro
SILVER CITY
EE.UU., 2004.
Duración: 130 minutos
Dirección, Guión e Montaxe: John Sayles
Intérpretes: Danny Huston, Chris Cooper, Richard Dreyfuss,
María Bello, Kris Kristofferson
Fotografía: Haskell Wexler
Música:Mason Daring
SINOPSE
Ambientada en Colorado, durante a campaña electoral para
as eleccións a gobernador do estado. Silver city é
unha sátira política con tintes de cine negro.
O candidato republicano (un claro trasunto de George W. Bush,
que borda o gañador dun Oscar Chris Cooper) sempre enfrentado
cona gramática, é o herdeiro dunha formidable
dinastía. A aparición dun cadáver -unha
das moitas coincidencias coa que moitos consideran a súa
mellor película,Lone star- vén a alterar a marcha
dunha campaña na que se dan cita todas esas técnicas
para captar votos que producen proídos ao que conserve
un mínimo de vergonza allea.
O novo do gran John Sayles é unha singular oferta de
cine comprometido e combativo, que combina doses de lexítimo
oportunismo co recoñecido talento do director neoiorquino
para escribir e contar boas historias.
Como é habitual no seu cine, a envoltura técnica
é brillante –traballa cunha lenda viva da fotografía,
o operador de Elia Kazan en América, América-
e grazas ao seu vigor narrativo ofrece secuencias antolóxicas.
A irónica mordacidade de John Sayles é moito máis
sutil que a de Michael Moore, de forma que a súa película
non se achega en ningún momento ao mitín, aínda
que falta o contrapunto demócrata. A Sayles vanlle os
conflictos con trasfondo social ed político, pero é
o bastante listo para apartarse do cine de propaganda.
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|