www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

25 febreiro
O ABRAZO PARTIDO


Arxentina, 2004
Premio Especial do xurado do Festival de Berlín
Premio Berlinale para o actor Daniel Handler
Duración: 100 minutos
Dirección: Daniel Burman
Intérpretes:Daniel Hendler, Sergio Boris, Adriana Aizenberg, Joege D’Elia, Rosita Londner, Diego Korol, Silvina Bosco
Guión: Marcelo Birmajer, Daniel Burman
Fotografía: Ramiro Civita
Montaxe: A. Broder-sohn
Música: César Lerner


SINOPSE
Esta película ten como escenario unha pequena galería comercial dun barrio, o populoso Once de Buenos Aires, onde se asentan numerosos xudeos de orixe polaca. Ariel, un inmaduro de manual que axuda á súa nai, propietaria dunha tenda de lencería, quere marchar a Europa, e para iso debe xustificar a súa orixe polaca. O tono coral, semellante ao de “El hijo de la novia” dá lugar a situacións divertidas e chispeantes.
A realización, cámara na man, é correcta e áxil, ao servizo dun guión colorista e evocador onde todo o mundo é bo, e impera a inquietude pola inestabilidade económica dun país en crise.
Sorprende o partido que saca Burman á localización da galería comercial, cuns pequenos locais acristalados que permiten que os propietrarios poidan observarse entre si e deambular por una superficies reducida e pouco favorecedora da intimidade. A esta habilidade na parcela da producción hai que engadir certo o acerto dunha montaxe moi dinámica, que casa moi ben cunha palnificación que facendo un uso insistente da cámara ao lombo, nunca transmite sensación de descuido e maltrato aos ollos do espectador.

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores