www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

4 de marzo
TRIPLE AXENTE


(Triple Agent)
Francia, Italia, España, Grecia, Rusia, 2004
Duración: 115 min.
Dirección e Guión: Eric Rohmer
Interpretación: Katerina Didaskalou (Arsinoé), Serge Renko (Fiodor), Cyrielle Clair (Maguy), Grigori Manoukov (Boris), Amanda Langlet (Janine), Emmanuel Salinger (André), Dimitri Rafalsky (Dobrinsy), Jeanne Rambur (Dany), Vitaliy Cheremet (Alexis Cherepnin), Bernard Peysson (Doctor), Laurent Le Doyen (Periodista).
Fotografía: Diane Baratier.


SINOPSE
A vida da historia xurde –segundo explica Rohmer- da lembranza da súa infancia, de libros lidos -Dostoievski, Conrad-, películas de espías, noticiarios de época..., é decir, do traballo.
En 1936, na Europa da Fronte Popular e a Guerra Civil Española, Fiodor (Serge Renko), un xove xeneral del exército zarista, refuxiado en París coa súa muller, a grega Arsinoé (Katerina Didaskalou), unha artista centrada na súa pintura, participan no caos xeral: mentras ela simpatiza cos seus veciños comunistas, el leva a cabo misións secretas disfrutando en confundir aos que o rodean. Non intenta ocultar que é espía, pero encubre a identidade dos seus xefes: ¿os rusos blancos anticomunistas?, ¿os soviéticos?, ¿os nazis?, ¿todos ao mesmo tempo? ¿Saberao el, un home misterioso que ama profundamente á súa muller pero que parece disposto a sacrificala en nome dun sórdido complot? "Triple axente" é un relato de espionaxe pero también unha narración moral sobre o disimulo e a mentira.
A acción criminal está ausente: todo sucede -¡pero sucede todo!- na palabra e na reacción dos personaxes. Velaquí a maxia de Rohmer, que inclúe intriga, suspense, tensión…

 

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores