|
|
|
11
de marzo
COÑECENDO A XULIA
(Being Julia)
Canadá e USA. 2004.
Duración: 105 min.
Dirección: István Szabó
Guión: Ronald Harwood, basado na novela "Theatre"
de W. Somerset Maugham.
Intérpretes: Annette Bening (Julia Lambert), Jeremy Irons
(Michael Gosselyn), Bruce Greenwood (Lord Charles), Miriam Margolyes
(Dolly de Vries), Juliet Stevenson (Evie), Shaun Evans (Tom
Fennel), Lucy Punch (Avice Crichton), Maury Chaykin (Walter
Gibbs), Sheila McCarthy (Grace Dexter), Michael Gambon (Jimmie
Langton).
Fotografía: Lajos Koltai
Música: Mychael Danna.
SINOPSE
Coñecendo a Xulia narra a historia dunha gran
actriz que, nun momento crucial da súa vida, deberá
definir o seu personaxe dentro e fóra do escenario. No
Londres de 1938, a vermosa e seductora Julia Lambert atópase
no seu apoxeo físico e profesional. Sen embargo a súa
carreira teatral, chea de éxitos, como o seu matrimonio
co guapo empresario teatral Michael Goxsselyn empezan a parecerlle
caducos e insatisfactorios e bota de menos a novidade, a emoción,
a chispa.
Todo cambia coa entrada en escea de Tom Fennell, un xove que
afirma ser o seu maior admirador. O seu ardor é irresistible
para Xulia, que, pensando que un ro-mance será o mellor
antídoto para a súa crise de idade, decide embarcarse
nunha apaixonada relación. A súa vida pasa a ser
máis atrevidae emocionante ata que o seu xove amante
intenta relegala a un papel secundario. Reunindo todas as súas
forzas, xulia trama unha intelixente vinganza que a conducirá
ao lugar que lle corresponde: no centro do escenario e nun primeiro
plano.
A actriz norteamericana Anette Bening (Topeka, Kansas, 1958),
recentemente homenaxeada en San Sebastián, ofrece un
inolvidable recital interpretativo nesta vibrante película.
Szabó adapta co seu empaque habitual unha novela do cáustico
Somerset Maugham sobre o mundo do teatro en Londres pouco antes
de que estalle a Segunda Guerra Mundial. O guionista, Ronald
Harwood (O pianista, A versión Browning), é un
prestixioso autor teatral sudafricano de 70 años afincado
en Londres desde 1951.
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|