
14 DE MARZO 20:30 e 23:00h
HISTORIAS MÍNIMAS
(Historias mínimas)
Arxentina 2002. V.O. español. 92 m. Dirección: Carlos
Sorín. Guión: Pablo Solarz. Interpretación:
Javier Lombardo, Antonio Benedictis, Javiera Bravo, Laura Vagnoni,
Aníbal Maldonado, etc.
Tres personaxes viaxan polas rutas
solitarias da Patagonia Austral. Don Justo, 80 anos, retirado
dun bar da estrada agora rexentado polo fillo, busca o seu can
perdido, viaxando en auto-stop. Roberto, 40 anos, viaxante de
comercio, vai no seu coche cun incómodo cargamento: unha
torta de crema para celebrar o cumpreanos do fillo dunha muller,
viúva recente dun cliente seu. María Flores, 25
anos, muller humilde, viaxa no transporte público coa súa
filla. Acaba de gañar un robot de cociña nun concurso
de TV. Tres historias que se cruzan nos escasos paradores das
desertas terras Patagónicas.