|
|
|
3
de xuño
A HISTORIA DO CAMELO QUE CHORA
Dirección:
Luigi Falorni e Byambasuren Davaa.
Países: Alemaña e Mongolia.
Ano: 2003.
Duración: 90 min.
Xénero: Documental, drama.
Interpretación: Janchiv Ayurzana (Janchiv), Chimed Ohin
(Chimed), Amgaabazar Gonson (Amgaa), Zeveljamz Nyam (Zevel),
Ikhbayar Amgaabazar (Ikchee), Odgerel Ayusch (Odgoo), Enkhbulgan
Ikhbayar (Dude), Uuganbaatar Ikhbayar (Ugna), Guntbaatar Ikhbayar
(Guntee), Munkhbayar Lhagvaa (Profesor de violín), Ariunjargal
Adiya (Axudante).
Guión: Luigi Falorni e Byambasuren Davaa.
Produción: Tobias N. Siebert.
Música: Marcel Leniz, Marc Riedinger e Choigiw Sangidorj.
Fotografía: Luigi Falorni.
Montaxe: Anja Pohl.
SINOPSE
Unha familia de nómadas do deserto de Gobi (Mongolia)
ten que afrontar unha crise cando unha camela rechaza a súa
cría despois dun parto difícil. Sen leite materno
o pequeno camelo non sobrevivirá, así que, conforme
a un antigo ritual, chaman a un músico veciño
dunha aldea remota para realizar un ritual que consiga que a
nai se faga cargo da cría. Ademais de volver unir a nai
co seu pequeno, a lenda do peculiar ritual di que este ten como
efecto secundario facer que a nai chore....
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|