|
|
|
9
de decembro 20:30 e 22:30
PERDER É CUESTIÓN DE MÉTODO
Colombia
– España, 2004
Dirección: Sergio Cabrera.
Guión: Jorge Goldenberg; basado na novela de Santiago
Gamboa.
Produción: Gerardo Herrero, Tomás Darío
Zapata y Marianella Cabrera.
Música: Xavier Capellas.
Fotografía: Hans Burmann.
Interpretación: Daniel Giménez Cacho (Víctor
Silampa), Martina García (Quica), César Mora (Emir
Estupiñán), Víctor Mallarino (Esquilache),
Sain Castro (Barragán), Jairo Camargo (Vargas Vicuña),
Humberto Dorado (Tiflis), Mimi Lazo (Susan), Gustavo Angarita
(Guzmán).
Duración: 105 min.
SINOPSE
Unha mañá, a policía descubre un crime
horrendo. Trátase dun corpo empalado na beira dun fermoso
lago, perto de Bogotá. Para resolver o caso, o xornalista
Víctor Silampa e o seu compañeiro ocasiónal,
o oficinista Emir Estupiñán, irmán da víctima,
deberán internarse nos vericuetos dunha historia macabra,
pero tamén humana e divertida. coa axuda de Quica, unha
prostituta xove, e en troco duns favores para a coronel que
está encargado do caso, os nosos protagonistas, con risco
para as súas vidas, conseguen chegar ao fondo dunha xigantesca
trama de especulación inmobiliaria. Políticos
e empresarios corruptos, prostitutas, esmeraldeiros, apaixonados
do naturismo e xornalistas de todo tipo completan o mosaico
de personaxes, co telón de fondo da cidade de Bogotá
Sergio Cabrera (Golpe de estadio, A estratexia do caracol, Ilona
llega con la lluvia), director colombiano de 55 anos, de padres
españoles y formado en la London Politechnic School,
adapta a novela homónima de Santiago Gamboa para volver
unha vez máis sobre os seus retratos sobre a Colombia
actual, e en especial, sobre un dos seus grandes problemas:
a corrupción.
La película arranca cunha presentación áxil
e correcta dos personaxes principais e o conflicto. A relación
entre Víctor, abatido polo abandono da súa noiva,
e o obeso coronel que leva o caso e que lle dá información
privilexiada en troques de que o xornalista lle escriba un discurso
para entrar nunha secta de adelgazamiento, presaxia unha eficaz
comicidade.
ARQUIVO
DO CINECLUB XIRIA
Clica
aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas
anteriores
|