www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

15 de decembro 20:30
O VENTO


Colombia – España, 2004
Dirección: Sergio Cabrera.
Guión: Jorge Goldenberg; basado na novela de Santiago Gamboa.
Produción: Gerardo Herrero, Tomás Darío Zapata y Marianella Cabrera.
Música: Xavier Capellas.
Fotografía: Hans Burmann.
Interpretación: Daniel Giménez Cacho (Víctor Silampa), Martina García (Quica), César Mora (Emir Estupiñán), Víctor Mallarino (Esquilache), Sain Castro (Barragán), Jairo Camargo (Vargas Vicuña), Humberto Dorado (Tiflis), Mimi Lazo (Susan), Gustavo Angarita (Guzmán).
Duración: 105 min.


SINOPSE
Unha mañá, a policía descubre un crime horrendo. Trátase dun corpo empalado na beira dun fermoso lago, perto de Bogotá. Para resolver o caso, o xornalista Víctor Silampa e o seu compañeiro ocasiónal, o oficinista Emir Estupiñán, irmán da víctima, deberán internarse nos vericuetos dunha historia macabra, pero tamén humana e divertida. coa axuda de Quica, unha prostituta xove, e en troco duns favores para a coronel que está encargado do caso, os nosos protagonistas, con risco para as súas vidas, conseguen chegar ao fondo dunha xigantesca trama de especulación inmobiliaria. Políticos e empresarios corruptos, prostitutas, esmeraldeiros, apaixonados do naturismo e xornalistas de todo tipo completan o mosaico de personaxes, co telón de fondo da cidade de Bogotá
Sergio Cabrera (Golpe de estadio, A estratexia do caracol, Ilona llega con la lluvia), director colombiano de 55 anos, de padres españoles y formado en la London Politechnic School, adapta a novela homónima de Santiago Gamboa para volver unha vez máis sobre os seus retratos sobre a Colombia actual, e en especial, sobre un dos seus grandes problemas: a corrupción.
La película arranca cunha presentación áxil e correcta dos personaxes principais e o conflicto. A relación entre Víctor, abatido polo abandono da súa noiva, e o obeso coronel que leva o caso e que lle dá información privilexiada en troques de que o xornalista lle escriba un discurso para entrar nunha secta de adelgazamiento, presaxia unha eficaz comicidade.

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores