2 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

28 de xaneiro 20:30 e 23:00 no Auditorio Municipal
VODKA LEMON


FICHA

Dirección: Hiner Saleem.
Interpretación: Romen Avinian (Hamo), Lala Sarkissian (Nina), Ivan Franek (Dilovan), Ruzan Mesropyan (Zine), Zahal Karielachvili (Giano).
Guión: Hiner Saleem, Lei Dinety, Pauline Gouzenne.
Producción: Fabrice Guez.
Música: Michel Korb, Roustan Sadoyan.
Fotografía: Christophe Pollock.
Duración: 88 min.

Estamos nas aldeas kurdas do Cáucaso. Hamo é un viúvo de sesenta e tantos anos, un oficial retirado do exército vermello. Os únicos bens que posúe son un armario vello, un televisor ruso, o seu uniforme militar e unha pensión de sete dólares mensuais. Todos os días, Hamo vai ao cemiterio e quita a neve do retrato da tumba da súa muller. Un pouco máis lonxe, Nina, unha atractiva viúva de cincuenta anos, quita a neve da tumba do seu marido. No autobús que os traslada de volta ás súas aldeas viaxan separados por tres fileiras de asentos. Hamo olla a Nina e ela devólvelle a ollada. Fóra todo é branco, agás as pedras das montañas. Cando Hamo volve á aldea, atopa unha carta do seu fillo que vive en París. A aldea altérase, "o sobre debería estar cheo de billetes de 100 dólares!!", pero a cabeza de Hamo non está no diñeiro senón na muller do cemiterio.


ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores