2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

24 de febreiro 20:30 e 23:00 no Auditorio Municipal
O OCASO DO SAMURAI

FICHA
Dirección: Yoji   Yamada.
Interpretación: Hiroyuki   Sanada (Seibei Iguchi), Rie Miyazawa (Tomoe), Min Tanaka (Zenemon Yogo), Nenji Kobayashi (Chobei), Ren   Osugi (Toyotaro), Mitsuru Fukikoshi (Tomonojo), Kanako Fukaura (Yae Linuma), Hiroshi Kanbe (Naota), Miki Ito (Kayano) Erina Hashiguchi (Ito).
Guión: Yoji Yamada, Yoshitaka Asama; basado na obra de Shuhei Fujisawa.
Producción: Shigehiro Nakagawa, Hiroshi Fukasawa e Ichiro Yamamoto
Música: Isao Tomita.
Fotografía: Mutsuo Naganuma.
Duración: 129 min.

SINOPSE
Seibei Iguchi é un samurai de rango inferior do clan Unasaka. A súa muller morreu de tuberculose, unha causa habitual de falecemento naqueles anos de fame e malnutrición. Ao ter unha nai anciá e dúas fillas que manter, Kayano e Ito, el e a súa familia deben levar unha vida austera.
Ao rematar a xornada de traballo, Seibei négase non acompaña aos seus compañeiros samurais, vai para a súa casa e céntrase nos labores domésticos e noutros traballos. Un día, Seibei atopa a Tomonojo Iinuma, un amigo da infancia. Este fálalle da súa irmá, Tomoe, e cóntalle que tivo que divorciarse do seu inflexible marido, o borrachuzas Toyotaro, e irse para a casa de Tomonojo. Ao día seguinte Tomoe visita a Seibei e os dous divírtense lembrando os vellos tempos. Cando Seibei a acompaña á casa, atópanse co ex-marido, que está furioso e disposto a levala con el. O destino quere deste xeito que sexa Seibei e non Tomonojo, que non é un bo espadachín, quen se bata con Toyotaro. O día do combate, Seibei, que non ten máis que unha espada de madeira, derrota sen dificultade a Toyotaro, que loita cunha espada de verdade. Tomoe comeza a acudir con máis frecuencia á casa de Seibei e as súas fillas acéptana de boa gana, pero Seibei non quere saber nada de casamento porque se considera demasiado pobre para ela. A relación renace cando Seibei recibe a encomenda de matar a Zenomon Yogo, un servidor do clan que non acepta o resultado da sucesión de xefe do clan trala morte do anterior.


ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores