2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

10 de marzo 20:30 e 23:00 no Auditorio Municipal
XENTE DE ROMA

FICHA
Dirección: Ettore Scola.
Interpretación: Giorgio Colangeli, Antonello Fassari, Fabio Ferrari, Fiorenzo Fiorentini, Arnoldo Foà, Sabrina Impacciatore, Salvatore Marino, Valerio Mastandrea, Rolando Ravello, Stefania Sandrelli, Alessia Barela.
Guión: Ettore, Paola e Silvia Scola.
Música: Armando Trovaioli.
Fotografía: Franco Di Giacomo.
Duración: 100 min.

SINOPSE
Amence e erguémonos, frío de marugada, cun obreiro gordo e calvo; a súa muller xa está na cociña preparándolle a comida que vai levar ao traballo; asómase á fiestra para dicirlle adeus e el despídea dende a beirarrúa ao tempo que se achega o autobús.
E así, paso a paso, ao paso das horas ata que a primeira luz da alba rompe a escuridade da noite, vivimos o vivr de xente moi diversa, en sitios tan distintos, coas súas tristes historias, cos seus sucesos alegres, con traxedias ocultas, con explosións de gozo... Cada persoa que se achega á súa mesurada cámara, coa súa cor, os seus sons de ambiente, a súa música de rúa ou concerto de praza pública, de radio caseira, é un anaco de historia, é un argumento brevemente esbozado, unha situación viva.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores