2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

12 de maio 20:30 e 23:00 no Auditorio Municipal

VETE Y VIVE (versión dobrada ao castelán)

FICHA
Director Radu Mihaileanu
Guión   Radu Mihaileanu,   Alain-Michel Blanc
Música   Armand Amar
Fotografía   Rémy Chevrin
Montaxe   Ludo Troch
Duración 140'
Intérpretes: Yael Abecassis (Yael), Roschdy Zem (Yoram), Moshe Agazai (Schlomo neno), Mosche Abebe (Schlomo Adolescente), Sirak M. Sabahat (Schlomo Adulto), Roni Hadar (Sarah), Yitzhak Edgar (El Qes Amhra), Rami Danon (avó), Meskie Shibru Sivan (nai de Schlomo), Mimi Abonesh Kebede ( Hana), Raymonde Abecassis (Suzy).

SINOPSE
Milleiros de refuxiados africanos procedentes de vinte e seis países chegab aos campamentos de Sudán. A instancias de Estados Unidos e Israel ponse en marcha un vasto proxecto, coñecido como Operación Moisés, para levar os xudeos etiopes (Falashas) a Israel.

Unha nai cristiana convence ao seu fillo de nove anos para que diga que é xudeo e así salvalo da fame e da morte segura. O rapaz chega á Terra Pro,etida. Oficialmente é orfo e é adoptado por unha familia sefardita francesa que vive en Tel Aviv. Medra co medo de que o seu segredo sexa descuberto, non é xudeo nin orfo, soamente é negro. Descubrirá o amor, a cultura occidental e o xudaísmo por unha banda, e o racismo e a guerra nos Territorios Ocupados, por outra banda. converterase en xudeo, israelita, francés e tunecino, unha auténtica torre de babel humana. Pero nunca esquecerá a súa auténtica nai, a que quedou no campamento, e sempre soñará con volver atopala.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores