2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

10 de novembro 20:30 e 23:00 no Auditorio Municipal

Tempos de amor, xuventude e liberdade

Director e guionista: Hou Hsiao Hsien
Intérpretes: Shu Qi, Chang Chen, Mei-Fang, Di-Mei, Liao Su-Jen, Chen Shih-Shan, Lee Pei-Hsuanchoi 
Guión: Vladimir Moiseenko / Alexander Novototsky
Fotografía: Baek Dong-Hyun
Duración: 132'

1966, Kaohsiung: O tempo do amor

Chen coñece a May, unha moza que traballa nos billares onde adoita ir el. Botan unha partida e o mozo cóntalle que marcha para a mili. Cando volve de permiso, Chen vai vela, pero xa non traballa alí e non pode atopala...

1911, Dadaocheng: O tempo da liberdade

O dono dunha plantación de té e o seu fillo queren mercar o contrato dunha xove cortesana. O fillo deixouna preñada e hai que apurar coas negociacións. A cortesana convértese na concubina do pai... O fillo marcha a Xapón para reunirse cun revolucionario chinés exiliado.

2005, Taipéi: O tempo da liberdade

Jing, unha cantante, é epiléptica e está perdendo a visión do ollo dereito. Vive coa nai e coa avoa, e ten unha relación amorosa con outra muller, Micky. Zhen traballa nunha tenda de fotografía dixital e vive coa súa noiva, Blue. Cando se decata de que Zhen a engana con Jing. ponse furiosa.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores