2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

15 de decembro 20:30 e 23:00 no Auditorio Municipal

AALTRA

Directores: Benôit Delépine y Gustave de Kervern.
Intérpretes: Benôit Delépine y Gustave de Kervern, Michel de Gavre, Gérard Condejean.

Dous veciños que non se soportan son os protagonistas desta película directamente inspirada polo humor lacónico de Aki Kaurismaki, que fai un cameo na cinta.

Ambos viven nunha pequena localidade rural do norte de Francia e, levados polo aburrimento non paran de discutir a todas horas.. Unha destas discusións remata nun inesperado accidente cando un enorme reemolque os deixa paralíticos. Despois dun tempo no hospital e nunha silla de rodas, a súa sorte parece unida por un fío invisible que os emparella outra vez nun tren en dirección a Finlandia. Alí ambos pretenden reclamar unha indemnización á empresa fabricante da máquina que os tropelou, vivindo unha chea de situacións entre a comicidade e o patetismo.

Aaltra é unha “road movie” singular, rodada en branco e negro dirixida e protagonizada por dous xoves franceses que basean a súa comicidade en gags visuais herdeiros do mellor cine mudo.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores