2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

EL PRÓXIMO ORIENTE
España, 2006

Dirección Fernando Colomo
Intérpretes Javier Cifrián (Caín), Nur Al Levi (Aisha), Asier Etxeandia (Abel), Ash Varrez (Shakir), Lalita Ahmed (Samaah)
Guión Fernando Colomo
Fotografía Néstor Calvo
Música Juan Bardem
Xénero Comedia
Duración 95'

Sinopse Caín é gordo, tímido e invisible para as mulleres. Traballa como carniceiro no barrio madrileño de Lavapiés, rodeado de inmigrantes marroquís, bangladesíes, chineses, senegaleses, búlgaros, peruanos, ... Pero Caín atópase só. A súa familia redúcese ao seu irmán Abel, que ten todo o que Caín envexa: é guapo, sedutor, está casado cunha muller de bandeira e é pai de dúas preciosas xemelgas. Cando Caín descobre que o seu irmán Abel deixou embarazada a Aisha, unha atractiva veciña, filla de inmigrantes de Bangla Desh, de relixión musulmá, sorprende a todos cando decide facerse pasar polo pai e asumir o mantemento e a educación da criatura.     

Referencias
A película está dirixida por Fernando colomo (Madrid, 1946), cuxa filmografía complétase con Tigres de papel (1977), ¿Que fai unha rapaza como ti nun sitio como este? (1978), Contos eróticos (1979), La mano negra (1980), Estoy en crisis (1982), La línea del cielo (1983), El caballero del dragón (1985), La vida alegre (1986), Miss Caribe (1988), Bajarse al moro (1988), Rosa rosae (1993), Alegre ma non troppo (1994), El efecto mariposa (1995), Los años bárbaros(1998), Cuarteto de La Habana (1999), Al Sur de Granada (2003) e o segmento Mis treinta euros, de¡Hay motivo! (2004).
Está protagonizada polo debutante Javier Cifrián, aoque en televisión se lle puido ver en Axitación + IVA, de Tele 5; Nur Al Levi (El refugio del mal) e Asier Etxeandia (La mirada violeta).
O guión é do propio director a partir dun argumento propio e de Joaquín Oristrell (Inconscientes, Noviossin vergüenza, Los abajo firmantes, Tardes de Gaudí, Entre las piernas).

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores