2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

OFF SIDE
Irán, 2006

Dirección Jafar Panahi
Intérpretes: Sima Mobarak Shahi (Primeira rapaza) Safar Samandar (Soldado Azari) Shayesteh Irani (Rapaza fumadora) Isa Sadeghi (Rapaza futbolista) Golnaz Farmani (Rapaza con chador) Guión Jafar Panahi Shadmehr Rastin
Duración: 93'
Xénero Comedia
Fotografía Mahmood Kalari
Música Varios
Montaxe Jafar Panahi

Sinopse Quen é aquel rapaz silencioso sentado ao fondo do autobús cheo de forofos camiño dun partido de fútbol? O rapaz de aspecto tímido é en realidade un rapaz disfrazado. Pero non é ela soa. Hai moitas mulleres ás que lles gusta o fútbol en Irán. Detéñena ás portas do estadio antes de que empece o partido e encérrana nun lugar próximo con outras mulleres disfrazadas de home. Ao final do partido serán entregadas á brigada antivicio. Pero antes, tortúranas. Oen os ruxidos, os berros, os aplausos dun partido que non ven. Peor aínda, deben escoitar un soldado que non sabe nada de fútbol contarlles o que está a pasar. Pero estas rapazas non están dispostas a renderse e seguirán inventando novos métodos para colarse nos partidos. Unha comedia que ilustra a loita polos dereitos das mulleres en Irán.      


ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores