2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

HANA
Xapón, 2006

Dirección Hirokazu Kore-eda.

Intérpretes:Junichi Okada (Aoki Sozaemon), Rie Miyazawa (Osae), Tadanobu Asano (Jubei Kanazawa), Arata Furuta (Sadashiro), Teruyuki Kagawa (Hirano), Susumu Terajima (Terasaka), Seiji Chihara (Tomekichi), Ryuhei Ueshima (Otokichi), Yuichi Kimura (Magosaburu), Tomoko Tabata (Onobu), Ryo Kase (Sodekichi).

Guión:Hirokazu Kore-eda.

Vestiario:Kazuko Kurosawa.

Producción:Shiho Sato e Nozomu Enoki.

Fotografía:Yutaka Yamazaki.

Duración:127 min.

SINOPSE O filme, ambientado no Xapón de comezos do século XVIII, nárranos a historia dun samurái chamado Soza que vive dende hai máis de dous anos nunha miserable barriada da cidade de Edo. O seu obxectivo é atopar o home que matou o seu pai para así vingarse de el, algo que, de paso, lle proporcionará unha boa suma de diñeiro e unha sólida reputación no seu clan. Para sobrevivir, Soza dá clases de escritura na súa esfarrapada casa, compartindo conversacións cos distintos veciños do barrio, especialmente coa nova viúva Osae. Non obstante, un día por fin acha a persoa que lle quitou a vida ao seu proxenitor mais non parece que o samurái estea moi decidido a pelexar con este individuo.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores