25 DE ABRIL 20:30 e 23:00 h.
AMÉN
Francia, 2002. V.O.
francés. 130 m. Dirección: Costa-Gavras. Guión:
Costa-Gavras e Jean-Claude Grumberg, baseado no libro 'Der strellvertreter'
de Rolf Hochhuth. Producción: Claude Berri, Andrei Boncea
y Michele Ray-Gravras. Música: Armand Arnar. Fotografía:
Patrick Blossier.Interpretación: Ulrich Tukur (Kurt Gerstein),
Mathieu Kassovitz (Riccardo Fontana), Ulrich Mühe (Mengele),
Ion Caramitru (Conde Fontana), Friedrich von Thun (Padre de Gerstein),
Antje Schmidt (Frau Gerstein), Hanns Zischler (Grawitz), Sebatian
Koch (Höss).
SINOPSE: Dous sistemas: por unha
banda a maquinaria nazi... e pola outra a diplomacia do Vaticano
e dos Aliados. Pero dous homes loitan desde dentro. O primeiro
é Kurt Gerstein, químico e membro das SS que na
vida real se encargaba de suministrar o gas Ziklon B aos campos
da morte. Pero iso non lle impide denunciar os crimes, alertando
aos Aliados, ao Papa, aos alemáns e ás súas
igrexas, xogándose a vida e a da súa familia. O
segundo, Riccardo, un xove xesuíta, personaxe de ficción
que representa a todos os sacerdotes que souberon oporse á
barbarie, pagando moitas veces coa súa propia vida. É
un símbolo de todos eses relixiosos, coñecidos ou
descoñecidos, que rexeitaron o silencio imposto polas súas
igrexas. Pero, ¿en que momento a ética supera a
prudencia? Kurt Gerstein sabía o que estaba a ocorrer e
quería que o mundo enteiro o soubese tamén. A película
cuestiona a indiferencia de todos aqueles que sabían o
que estaba pasando e decidiron calar.