2 1 0 8

 




  www.xiria.org

cineclub

Inicio




 

A voda de Tuya

China, 2006

Dirección: Wang Quan’an.
Intérpretes: Yu Nan (Tuya), Bater (Bater), Senge (Senge), Peng Hongxiang (Baolier), Zhaya (Zhaya)
Produción: Yan Jugang.
Guión: Wang Quanan e Lu Wei
Vestiario: Lu Yi.
Fotografía: Lutz Reitemeier.
Montaxe: Wang Quan’an.
Duración: 93 min.

SINOPSE

Tuya é guapa, forte, coida dos seus animais nunha rexión desértica de Mongolia Interior, ten dous fillos e está casada con Bater, ao que ama profundamente. Pero Bater é inválido, hai tres anos tivo un accidente cavando un pozo. Tuya debe facelo todo: levar cen ovellas a pacer co seu camelo, cociñar e ir buscar auga a 30 quilómetros do seu fogar. Un día, Tuya máncase nas costas mentres axuda ao seu veciño Senge, un home propenso aos accidentes. O médico dille que se segue traballando duro, empeorará, pero ela non fai caso.
Incapaz de ver sufrir a súa muller, Bater convéncea de que se divorcien para que atope outro que poida coidar dela. Acepta, sempre e cando a persoa que coide dela e dos seus fillos tamén coide de Bater. Cando os pretendentes empezan a chegar, anuncia que casará co home que acepte a poliandria.
Entre eles atópase o rico Baolier, un antigo compañeiro de colexio. Está cheo de boas intencións e parece reunir as condicións necesarias: divorciouse e traballa no negocio do petróleo. Ofrece custear a mellor residencia para Bater. Tuya ten que tomar unha decisión.
Pero ao pouco de estar na residencia, Bater córtase as veas, incapaz de soportar a soidade. Senge, que foi testemuña da traxedia, chama a Baolier por teléfono, pero este cólgao. Ten medo de que Tuya volva con Bater se se decata. Non obstante, séntese tan culpable que está a punto de tolear. Senge chega co seu cabalo branco para recoller a Tuya e os seus fillos.
De feito, Senge quere a Tuya. Cando a súa muller o abandona levándolle o seu único ben, un camión, decide axudar a Tuya. Cando ela, os nenos e Bater regresan á casa, Senge empeza a cavar o pozo que Bater non rematou. Sabe que é a súa única baza para conquistar o corazón de Tuya. A muller decátase dos sentimentos de Senge, que desaparece de golpe e sen previo aviso.
Tuya empeza de novo a buscar marido. Non parará ata que a súa familia sexa feliz.

 

ARQUIVO DO CINECLUB XIRIA

Clica aquí para ver as fichas dos filmes proxectados nas tempadas anteriores